O GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBA O EXPEDIENTE PARA CONTRATAR A IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 29 de mayo de 2016

O GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBA O EXPEDIENTE PARA CONTRATAR A IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS DA PROVINCIA




Esta actuación, cun investimento de 847.000 €, beneficiará ós concellos de menos de 40.000 habitantes da provincia e permitirá adaptar a administración local ós requisitos da Lei 39/2015

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da prestación do servizo para a implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para os concellos da provincia de menos de 40.000 habitantes por valor de 847.000 €. Esta actuación pretende dar servizo ós concellos máis pequenos da provincia para dar cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei 39/2015 que obriga ás administracións, a partir de outubro de 2016, á xestión e tramitación electrónica e telemática dos expedientes administrativos, facilitando a interacción das mesmas coa cidadanía.

A través deste contrato preténdese poñer en marcha e manter unha plataforma de tramitación electrónica que permitirá ós concellos da provincia, por unha banda, dispoñer dunha sede electrónica personalizada para a súa relación coas e cos cidadás e cidadáns e, por outro lado, un portal para o persoal dos concellos que permitirá a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos. Polo tanto, a través desta ferramenta porase a disposición do persoal dos concellos e da cidadanía un catálogo de servizos electrónicos de trámites, consultas de expedientes, procedementos, etc. que se poden iniciar de forma telemática e presentar no rexistro electrónico sen necesidade de realizar un desprazamento presencial ás administracións.

A Deputación de Pontevedra aportará desde a implantación das aplicacións necesarias ata a posta en marcha do sistema, un plan de formación orientado á aprendizaxe dos aspectos técnicos e funcionais da nova ferramenta para a súa posta en funcionamento, un soporte ás e ós usuarios para resolver consultas, o mantemento correctivo, evolutivo e perfectivo dos servizos, a súa actualización e a inclusión de novas funcionalidades, sempre en estreita colaboración cos servizos informáticos dos concellos da provincia.

Todos os servizos da administración electrónica que a Deputación de Pontevedra impulsará nos concellos da provincia prestaranse en modalidade “SaaS” (Sotfware as a Service) sen que a institución provincial ou os concellos deban asumir custes de instalacións ou dotacións de hardware ou software derivada da implantación da administración electrónica.

Ata o momento, foron xa varios os concellos que se puxeron en contacto coa Deputación de Pontevedra para pedir esta subministración, incluída no marco das competencias que a lei de réxime local lle ten concedido ás institucións provinciais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario