A Banda de Música Xuvenil de Barro interpretará hoxe, ás 20:00 horas, Día das Letras Galegas, no Pazo da Crega, en San Antoniño, en Barro, un concerto titulado "Unha noite de amor con Lela" no que acompañarán á Xuvenil de Barro Silvia Ferre, Alfredo Susavila e Belén Xestal coa voz, os teclados e exercendo de narradora respectivamente.
Con este novo espectáculo, a Banda Xuvenil de Barro, baixo a batuta do seu mestre titular Alberto Xesús Busto Castaño, busca ofrecer no Día das Letras un concerto familiar, apto para tódolos públicos e que busca sorprender a oíntes de todas as idades facendo algo especial.
Intepretación
Pois a Banda Xuvenil de Barro reinventarase para acompañar a voz da cantante asturiana Silvia Ferre (A Banda de Roi Casal, Silvia Ferre Trio, ...) interpretando os arranxos do pianista rianxeiro Alfredo Susavila (A Banda de Roi Casal, Carlos Baruso quinteto,...) nun concerto narrado pola xornalista e presentadora Belen Xestal, nun formato no que o público quedará absorvido por unha atmósfera de música.
A entrada é libre para todo aquel que queira asistir ao Pazo da Crega.
Cóntame un conto veciño
Por outra banda, dentro das diferentes actividades organizadas no Concello de Barro para este mes de maio, mes da lingua, tivo lugar onte a entrega de premios e a lectura de contos do concurso "Cóntame un conto veciño" que realizaron conxuntamente os concellos de Barro e de Portas.
No salón da biblioteca de Barro déronse cita os gañadores e os finalistas do concurso "Cóntame un conto veciño" que recolleron os seus premios e leron as súas obras.
Por categorías
Neste concurso, organizado polos concellos de Barro e de Portas, participaron persoas de tódalas idades, existindo categorías dende infantil ata adultos.
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/05/17/concerto-da-banda-musica-xuvenil/1462355.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario