§
Na reunión
celebrada hoxe estiveron presentes representantes da Xefatura Territorial de
Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sindicatos agrarios, axentes
forestais e representantes de tecores
§
Os datos
recollidos durante a aplicación en 2015 do novo protocolo de control desta
especie abalan que se volva a aplicar no presente ano
A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra
analizou esta mañá co sector a evolución do plan anual de control do xabaril e
o funcionamento do protocolo que xa se levou a cabo durante o 2015-16.
Na reunión estiveron presentes o xefe territorial de Medio Ambiente,
Alberto Fuentes, así como os xefes do Servizo de Caza e Conservación da
Natureza, o presidente da Asociación de Caza da provincia, Javier Nogueira,
representantes dos tecores e dos sindicatos agrarios.
O encontro tivo como obxectivo coordinar,
mellorar e axilizar o control da produción de danos agrícolas polo xabaril, así
como para analizar o protocolo de control desta especie que estivo en
funcionamento no pasado ano. “Os datos nos abalan para seguir a aplicalo
durante o 2016-17, de cara a controlar os danos que sobre os cultivos causa
esta especie”, explicou Alberto Fuentes, destacando que a aplicación deste
protocolo permitiu reducir ás perdas nos últimos 12 meses en comparación con
anos anteriores.
Este protocolo de actuación foi aprobado o ano
pasado unificando criterios entre labregos, cazadores e o Servizo de
Conservación da Natureza e permitiu organizar e realizar o control e captura
dos exemplares que produzan os danos coa maior brevidade posible.
Deste xeito, manteranse as esperas e cacerías
do xabaril, así como axilizar a autorización, tanto para a posta en marcha de
ganchos como de esperas e batidas, “en canto teñamos coñecemento dos danos
ocasionados por estes animais”, explicou o xefe territorial, quen matizou que
estes tempos dependen da comprobación da situación por parte dos gardas.
As medidas aplicadas en este protocolo
utilízanse progresivamente, en función do éxito que vaian tendo. “Deste xeito
observamos que as medidas 1 e 2, que son o desencame dos xabarís e as esperas
funcionan, xa que só foi necesario utilizar a medida 3, que son batidas con
armas de fogo, en catro ocasións”, engadiu Fuentes.
Ademais, tamén se está a axudar aos
agricultores afectados polos ataques desta especie con indemnizacións que van
dende os 0.13 euro por metro cadrado en millo de gran aos 0.40 euros por
patacas ou 1.60 euros por leitugas, pementos ou tomates, entre outros produtos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario