TURISMO DE GALICIA DESTINA 100.000 EUROS PARA 25 FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 6 de mayo de 2016

TURISMO DE GALICIA DESTINA 100.000 EUROS PARA 25 FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO GALEGO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA





  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o obxectivo é seguir a apostar e promover este tipo de eventos que moven máis de 500.000 visitantes cada ano
  • Poderanse beneficiar destas axudas os concellos de Arbo, Mos, Redondela, Soutomaior, A Cañiza, Silleda, A Guarda, Tui, Moraña, As Neves, O Rosal, Cangas, Moaña, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Cambados, Vila de Cruces, Valga, A Estrada, Vigo, Salvaterra de Miño, Bueu, Vilagarcía e Vilanova de Arousa
  • A este convenio sumarase outro asinado con Abanca co mesmo obxectivo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que Turismo de Galicia destina este ano 100.000 euros para 25 festas de Interese Turístico Galego nesta provincia, unha axuda que ten como obxectivo seguir a apostar e promover este tipo de eventos que moven máis de 500.000 visitantes cada ano.

Con este fin, Turismo de Galicia acaba de aprobar unha liña de axudas que conta cun importe total de 300.000 euros dos cales, 100.000, destinaranse a diversos eventos da provincia de Pontevedra, e á que poden optar tódolos municipios que organicen algunha destas celebracións durante o presente ano, aínda que non poderán ser obxecto de subvención as celebracións, que ademais da declaración de interese turístico autonómico, conten coa declaración de festa de interese nacional ou internacional.

A liña de crédito posta en marcha por Turismo de Galicia é compatible con outras axudas co mesmo fin e aprobarase en réxime de concorrencia non competitiva, polo que as solicitudes recibidas no prazo establecido serán atendidas respectando a súa orde de incoación, sen que se produza comparación entre elas, e até o esgotamento do crédito dispoñible.

Deste xeito considéranse gastos subvencionables aqueles relacionados coa promoción e difusión turística da festa como publicidade, cartelaría, anuncios nos diferentes medios de comunicación, actuacións artísticas e outros. No caso das festas gastronómicas poderán ser obxecto da axuda tamén os gastos de adquisición do produto exaltado na celebración.

Segundo apuntou o delegado territorial, esta liña de axuda complétase cun convenio asinado dende a administración autonómica con Abanca co mesmo obxectivo e polo que a entidade financeira comprométese a contribuír ao desenvolvemento das festas de interese turístico mediante a realización dunha achega económica en concepto de colaboración ás entidades públicas ou persoais promotoras das festas.

De estar interesados en beneficiarse deste convenio, a achega económica por parte da Xunta e Abanca sería de 4.500 euros, coa obriga de incorporar na súa publicidade o distintivo corporativo de Abanca nun lugar visible e destacado xunto coa imaxe de Turismo de Galicia.

25 festas na provincia
José Manuel Cores Tourís destacou que, en concreto, poderanse beneficiar destas axudas os concellos de Arbo, Mos, Redondela, Soutomaior, A Cañiza, Silleda, A Guarda, Tui, Moraña, As Neves, O Rosal, Cangas, Moaña, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Cambados, Vila de Cruces, Valga, A Estrada, Vigo, Salvaterra de Miño, Bueu, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

Trátase de festas de Interese Turístico Galego, que se desenvolven ao longo de todo o ano, que se centran tanto na gastronomía local como nos produtos típicos de cada lugar e nas tradicións ancestrais e que contan cunha afluencia global de máis de 500.000 asistentes.

Aínda que a maioría se celebran en verano (a festa do Xamón de A Cañiza, a da Empanada de Bandeira, a de a Langosta en A Guarda, a do Carneiro ao Espeto de Moraña, a do viño do Rosal e a do Viño do Tea en Salvaterra, a promoción das danzas ancestrais de Darbo, Hio e San Cibrán en Cangas, a exaltación da Vieira en Cambados, a da Anguía de Valga, as de Bouzas en Vigo, e as da Ameixa en Vilagarcía e o Mexilón e o Berberecho en Vilanova), tamén as hai de inverno (como as do Requeixo e a Mel de As Neves, o entroido de Cobres en Vilaboa ou o Lacón con Grelos de Cuntis), de primavera (a Lamprea de Arbo, o Choco de Redondela, a Ostra de Soutomaior, San Telmo en Tui, a Troita de Ponte Caldelas, o Galo de Curral de Vila de Cruces, o Salmón de A Estrada ou o Millo Corvo de Bueu) e incluso de outono como a do San Martiño de Moaña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario