Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 23 de mayo de 2016

CORES TOURÍS DESTACA OS CASE 900.000 EUROS DESTINADOS DENDE POLÍTICA SOCIAL A INCENTIVAR A CONTRATACIÓN DE MOZOS E MOZAS INSCRITOS NO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL EN PONTEVEDRA





§         O delegado territorial recordou que grazas a estas axudas subvencionáronse as contratacións levadas a cabo en 32 empresas da provincia entre o 1 de outubro de 2014 e ata o 30 de setembro de 2015
§         No caso da contratación indefinida, subvenciónase con 7.000 euros; mentres que as temporais contan cunha axuda comprendida entre 1.200 euros por un contrato de duración de 6 meses e 3.600 euros no caso de que sexa en prácticas


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta mañá os case 900.000 euros destinados dende a Consellería de Política Social ao programa de incentivos á contratación dos mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en 32 empresas da provincia de Pontevedra.
Nesta orde distinguíronse dúas modalidades de axuda: para contratación indefinida e para contratación temporal. No caso da contratación indefinida, subvenciónanse as contratacións con 7.000 euros. Esta contía incrementouse en 600 euros no suposto de que a persoa contratada fora muller e ata 8.200 euros no caso de que a contratación fora realizada por empresas pertencentes a sectores estratéxicos.
Na segunda modalidade, subvencionou as contratacións de carácter temporal a tempo completo, así como a súa transformación en indefinido -agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe-, cunha axuda comprendida entre 1.200 euros por un contrato de duración de 6 meses e con 3.600 euros no caso do contrato en prácticas. A súa transformación en indefinidos incentivouse con 2.500 euros. Estas contías incrementaronse tamén no caso de que a contratación se realizase cunha muller ou en empresas pertencentes a sectores estratéxicos.
Tal e como explicou Cores Tourís, as axudas, inscritas no marco do apoio do departamento autonómico ao acceso ao mercado laboral por parte dos mozos e mozas desempregados, comprenderon as accións subvencionables levadas a cabo pola empresa desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.
Para inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil é necesario ter nacionalidade española ou ser cidadán europeo ou estranxeiro que resida en España, estar empadroado en calquera municipio español, ser menor de 30 anos, non ter traballado nos 30 días anteriores á solicitude, e non ter recibido accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario