O Concello de Barro incrementou o seu valor catrastral nun 24% respecto ó 2011, nun total de 47.531.197,70 € - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 1 de junio de 2012

O Concello de Barro incrementou o seu valor catrastral nun 24% respecto ó 2011, nun total de 47.531.197,70 €


O TRABALLO DO ORAL EN 43 CONCELLOS DA PROVINCIA INCREMENTOU EN 2012 O VALOR CATASTRAL DESES CONCELLOS EN 353 MILLÓNS DE EUROS RESPECTO DO 2011

Os traballos de revisión catastral da Deputación de Pontevedra, a través do seu organismo autónomo ORAL, posibilitaron un incremento do valor catastral de 43 concellos da provincia en 353 millóns de euros no ano 2012, según explicou hoxe o presidente, Rafael Louzán, en rolda de prensa, coa conseguinte repercusión nas arcas municipais.

No ano 2001, a Deputación asinou un convenio coa Dirección Xeral do Catastro para efectuar estes traballos. Hoxe, hai unha Xerencia do Catastro en Pontevedra e unha Subxerencia en Vigo que se encarga dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán (os tres conveniados co ORAL) e tamén Vigo.

Ao convenio, a través do ORAL, adherironse 43 concellos que non asumen ningún coste por este feito. Ao amparo deste convenio, o ORAL ven realizando diversos traballos. Entre outros destacan, tramitar alteracións na titularidade de bens urbáns (no 2011, 7.500 expedientes, menos que no 2010 pola baixa da actividade inmobiliaria); tramitar alteracións físico/económicas de bens inmobles urbáns (altas, baixas, cambios de uso, derribos…) que no ano 2011 chegou a 23.000 unidades urbáns tramitadas, a máis alta dos últimos anos; Realizar traballos de actualización e mantemento catastral para detectar alteracións non declaradas; atender aos contribuintes (no ano 2011, 200 consultas); e realizar os Padróns do IBI

Por este último traballo, aumentouse o valor catastral nos 43 concellos adheridos en 353 millóns de euros no 2012, respecto do 2011.

No 2011, o número de inmobles dos 43 concellos cifrados catastralmente era de 382.141. No 2012, ese número pasou a ser de 389.546 (7.405 máis).

O valor catastral deses inmobles no 2011 era de 10.284.176.458 euros (10,2 mil millóns de euros). No 2012, ese valor pasou a ser de 10.637.850.076 euros (10,6 mil millóns de euros). En consecuencia, o incremento do valor catastral deses inmobles nos 43 concellos foi de 353.673.618 euros.






No hay comentarios:

Publicar un comentario