A deputada
Ana Isabel Vázquez destacou o labor deste centro, un referente na formación de
canteiros
A Escola de
Canteiros da Deputación de Pontevedra abriu onte o curso 2014-2015 cun acto no
que participou a deputada Ana Isabel Vázquez.
O novo curso
iníciase con 60 alumnos que recibirán una ampla formación no traballo da pedra
e en materias como escultura, canteiría, historia da arte e construción,
restauración, modelado e debuxo artístico e técnico.
A Escola de
Canteiros creouse en 1979 e leva formado a máis de mil canteiros e mestres
canteiros, a mayoría deles traballando en diferentes puntos de Galicia e España
e incluso no estranxeiro.
En Galicia
hai preto de 60 talleres de pedra grandes ou medianos, constituidos e
rexentados por alumnos da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, que
ocupan laboralmente a preto de 250 traballadores.
Neste sentido, a deputada Ana Isabel Vázquez
destacou o labor deste centro, único en toda España e que se ten
convertido xa nunha referencia en Pontevedra e Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario