A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA
XUNTA EN PONTEVEDRA ACOLLE UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COS 62 ALCALDES DA
PROVINCIA SOBRE O PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL
§
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a colaboración
entre as catro administracións (Ministerio de Medio Ambiente, Xunta, Deputación
de Pontevedra e concellos) para a posta en marcha de obras nas pistas rurais
municipais cun investimento global de case 6 millóns de euros
O delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o director
xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, mantiveron esta mañá unha
reunión informativa cos alcaldes e técnicos dos 62 municipios da provincia, co
fin de solventar as dúbidas sobre a tramitación das axudas do Plan Marco
programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015.
Para desenvolver o plan,
segundo explicou hoxe o director xeral, os criterios de reparto foron
consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fegamp. De tal
xeito que os concellos de Pontevedra recibirán arredor de 5 millóns para a ampliación, mellora e mantemento destas vías na provincia, (en
concreto 4.885.847 euros) para a
ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal na
provincia, “aínda que co IVE que aportarán os concellos, o investimento na
provincia será dun total de máis de 6 millóns de euros). Destes fondos, un
total de 2.304.476 euros corresponden á anualidade de 2014 e os 2.581.371 euros
restantes á anualidade de 2015.
Tal e como engadiu, pola súa banda, o delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, a nova cofinanciación
do Plan Marco distribuirase de xeito que o 75% irá con cargo ao Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), o MAGRAMA aportará un 12,13% dos
fondos e a Xunta e as deputacións provinciais o 12,87% restante. “Os concellos
beneficiarios das achegas serán os encargados do pagamento do Imposto do Valor
Engadido (IVE). Este reparto amosa a colaboración ordenada de todas as
Administracións, baixo a coordinación da Xunta de Galicia”.
A vixencia destes convenios estenderase desde
a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2015. De feito, o Plan Marco 2014-2015 é continuación do de
2013-2014. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida dos
residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de
infraestruturas básicas, e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a
implantación e mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.
O feito de que todos os concellos da nosa
comunidade poidan dispor duns fondos preestablecidos para a mellora da súa rede
viaria resulta fundamental despois dun inverno que provocou estragos nos
camiños de titularidade municipal.
A través
destes convenios, os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5
millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento
de camiños de titularidade municipal. Esta contía supón un incremento de máis
do 82% respecto da do Plan Marco 2013-2014, que foi de preto de 14 millóns de
euros.
Este incremento permitirá atender proxectos
que melloren un maior número de camiños, o que repercute nunha mellora das
condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as
dotacións existentes de infraestruturas básicas. Ademais, o Plan Marco
2014-2015, impulsado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, inclúe como
novidade que unha parte importante da cofinanciación será aportada polas
deputacións provinciais. Deste xeito, abórdase o desenvolvemento rural dende
unha perspectiva integral e refórzase a colaboración entre as administracións
co obxectivo de pór en marcha actuacións que redunden na mellor prestación de
servizos á poboación por parte dos concellos.
Os criterios de reparto para desenvolver o
Plan Marco de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal 2014-2015 foron
consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación
Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así, os
concellos da provincia da Coruña recibirán máis de 8 millóns de euros, os de
Lugo preto de 7 millóns, os de Ourense contarán con preto de 6 millóns de euros
e os da provincia de Pontevedra con preto de 5 millóns de euros.
Na seguinte táboa figuran os datos de investimento
por concellos da provincia de Pontevedra co IVE incluído:
CONCELLO
|
IMPORTE
|
Arbo
|
87.680 €
|
Barro
|
68.377 €
|
Baiona
|
70.097 €
|
Bueu
|
96.297 €
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario