Louzán destaca que na próxima primavera as empresas instaladas no polígono disporán xa desta nova potencia eléctrica
•
É un paso máis na reactivación do polígono industrial
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Civis Global S.L. das obras de canalización da liña de Alta Tensión de 66 quilovatios, dende a liña Tibo-Mourente ata a subestación do complexo industrial de Barro-Meis.
Ao concurso para a execución destes traballos presentáronse 19 empresas e finalmente foi adxudicada en 1.060.937,68 euros.
O prazo de execución das obras é de seis meses, polo que o presidente da Deputación destacou que “na próxima primavera as empresas instaladas no polígono de Barro-Meis disporán xa desta nova potencia”.
A liña discurrirá maioritariamente polo termo municipal de Barro e as canalizacións irán soterradas baixo tubo formigonado en todo o percorrido, excepto nos cruces coas vías do ferrocarril Santiago-Pontevedra, coas vías do AVE e coa AP-9, onde a canalización se realizará mediante perforación horizontal a 5,4 metros de profundidade.
Reactivación do polígono industrial
O presidente da Deputación destacou que estes traballos son un paso máis na reactivación do polígono industrial de Barro-Meis, despois de que se sacase a licitación a venta das parcelas a“un prezo moi razoable”.
Louzán incidiu en que “hai moito interese de varias empresas en instalarse xa no polígono” e a nova actuación virá a mellorar as instalación deste espazo industrial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario