ADXUDICADA A CONSTRUCCIÓN DO VIVEIRO DE EMPRESAS DE LALÍN A COPCISA EN 467.740 €. O DE BARRO, ADXUDICADO PROVISIONALMENTE. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 3 de octubre de 2014

ADXUDICADA A CONSTRUCCIÓN DO VIVEIRO DE EMPRESAS DE LALÍN A COPCISA EN 467.740 €. O DE BARRO, ADXUDICADO PROVISIONALMENTE.




O de Barro-Meis foi adxudicado provisionalmente, á espera de que a empresa xustifique a súa oferta
A Deputación de Pontevedra adxudicou aconstrucción do Viveiro de Empresas de Lalín á empresa Copcisa en 467.740 euros. A adxudicación do viveiro que se ubicará no polígono de Barro-Meis, pola súa banda, foi adxudicado provisionalmente pero a ratificación definitiva do acordo está pendente de que a empresa xustifique a baixa temeraria da oferta que presentou e que, provisionalmente, resultou gañadora do concurso.
construcción dos dous Viveiros son froitodun convenio suscrito entre a Deputación e a Fundación Incyde e suporán unha inversión de 2,5 millóns de euros.
Ao concurso presentaronse 30 empresas. As obras de construcción do de Lalín iniciaránsede inmediato coa finalidade de que o espazo estea dispoñible para os emprendedores na vindeira primavera.
O viveiro de empresas de Barro-Meissituaráse nunha parcela de máis de 5.000 m2 e centrará o seu peso nas “naves-nido” para un tipo de proxecto empresarial orientado á produción; á industria; a talleres …, e cun menor espazo dedicado a oficinas.  O concurso de ideas para o proxectoconstructivo foi gañado polos arquitectos vigueses Juan B. Pons e Lucas Gándara.
O Viveiro de Lalín, disporá dunha maior variedade de oficinas –para adaptarse a diferentes proxectos empresariais que requiren máis de medios tecnolóxicos que de espazo–, aínda que tamén contará con naves-nido. O edificio ocupará unha parcela de 2.000 m2 e terá unha superficie construidade 1.600 m2 en dúas alturas
Nos dous casos, e para dar maior flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades dos emprendedores, os dous edificios terán un carácter modular, para que poidan ser facilmente adecuarse aos proxectos que neles se instalen e para poder ser ampliados en caso de necesidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario