Asinarán un convenio para realizar un estudo da situación
actual, así como o proxecto técnico e a execución dos traballos de renovación
A Deputación de Pontevedra e a Axencia de Turismo de
Galicia, dependente da Xunta, investirán 260.000 euros na mellora da
sinalización turística da provincia de Pontevedra.
Así se recolle nun convenio de colaboración que ambas as
dúas administracións asinarán proximamente e que ten como obxectivo realizar un
estudo en profundidade da situación actual da sinalización turísticas, así como
a redacción do proxecto técnico e a execución dos traballos de renovación da
sinaléctica turística.
A Xunta de Galicia achegará a estes traballos 100.000
euros, dos cales 80.000 proceden de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional
(FEDER). Os 160.000 euros restantes achegaraos á Administración Provincial, que
será tamén a responsable da execución dos traballos previstos no convenio.
Este é un paso máis na liña de colaboración que a
Deputación de Pontevedra e a Axencia de Turismo de Galicia veñen mantendo co
obxectivo de poñer en valor os recursos da provincia e afondar na consolidación
e dinamización dun sector estratéxico como é o turismo.
Neste marco, xa se teñen executado diversas actuacións,
como as orientadas a mellorar a accesibilidade en praias e espazos públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario