Un particular alertaba as 14:15 deste luns 13 ao servizo deEmerxencias do 112da saída de vía dun vehículo que circulaba pola estrada entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa preto da altura da ITV de Curro na estrada PO-531.
O vehículo lanzábase por un barranco caendo ao redor de 5 metros de altura entre os eucaliptos quedando envorcado nas proximidades dunha zona de maleza. Inicialmente temíase que tivesen que achegarse os bombeiros para excarcerar a condutora. Non obstante, segundo información facilitada polo 112, a muller puido saír do vehículo polo seu propio pé, a pesar do estado no que quedou o turismo.
Tamén foi necesaria a intervención do mantemento de estradas e alertouse ao concello de Pontevedra para avisar da rotura dun dos farois da estrada debido ao impacto.
Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico e unha unidade medicalizada de ambulancias para socorrer a vítima do accidente.
http://pontevedraviva.com/xeral/15167/muller-ferida-despenarse-vehiculo-conducia-alba/?lang=gl
No hay comentarios:
Publicar un comentario