Rafael Louzán: "En moi pouco tempo o polígono de Barro-Meis estará totalmente ocupado"
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que nos próximos días unha grande empresa pontevedresa formalizará a compra dunha gran superficie no polígono empresarial de Barro Meis. O acordo está pendente de peche."O acordo vai en boa dirección e posiblemente nos próximos días estaremos falando de máis empresas", dixo o presidente provincial, "isto indicanos que a situación, de xeito leve, pero vai mellorando", engadiu.
Fontes sindicais consultadas por PontevedraViva aseguraron que esa grande empresa é o Grupo Froiz que solucionaría con esta operación as limitacións que padece o seu centro loxístico de Lourido.
Ante o estancamento do proxecto do polígono de Fragamoreira en Poio o polígono de Barro-Meis formúlase como unha alternativa solvente e de garantías para solucionar os novos retos que afronta o Grupo Froiz tras a compra de Supermercados Moldes.
VIVEIRO DE EMPRESAS
A Deputación de Pontevedra adxudicou a construción do Viveiro de Empresas de Lalín á empresa Copcisa en 467.740 euros. A adxudicación do viveiro que se situará no polígono de Barro-Meis, pola súa banda, foi adxudicada provisionalmente pero a ratificación definitiva do acordo está pendente de que a empresa xustifique a baixa temeraria da oferta que presentou e que, provisionalmente, resultou gañadora do concurso.
A construción dos dous Viveiros son froito dun convenio subscrito entre a Deputación e a Fundación Incyde e supoñerán un investimento de 2,5 millóns de euros.
http://pontevedraviva.com/xeral/14915/rafael-louzan-deputacion-barro-meis-grupo-froiz-compra-parcela/
No hay comentarios:
Publicar un comentario