Achegaranse
máis de dous millóns de € para os 53
concellos de menos de 20.000 habitantes que poden así facer fronte aos
A Xunta de Goberno vén de aprobar o Plan de
Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais en 2016 para os
cincuenta e tres concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, cun
importe global de 2.120.177,43 €. A finais de maio rematou o prazo para que os
municipios presentasen as súas solicitudes para adherirse a este Plan, polo que
agora a Deputación lle dá o visto bo. Así mesmo, o Goberno provincial aprobou o
pagamento anticipado do 35% do importe das achegas concedidas aos concellos ao
abeiro deste plan, en concreto, un total de 742.061,95 € para os cincuenta e
tres municipios.
Os concellos beneficiarios recibirán as
correspondentes contías para costear dous tipos de gastos, os do persoal que
atende os servizos municipais básicos municipais e os do servizo de axuda no
fogar básico. Dos máis de dous millóns de euros deste plan, en concreto para
gastos de persoal achegaranse 920.035,08 €, mentres que 1.200.142,45 € se
destinan para o servizo básico de axuda no fogar.
O Plan de Cofinanciamento dos Servizos
Sociais Comunitarios Municipais da Deputación de Pontevedra ten por obxectivo
proporcionarlles asistencia económica aos concellos de menos de 20.000
habitantes nas súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios
básicos.
Benefícianse deste Plan os cincuenta e tres
concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. En concreto, son A
Cañiza, A Guarda, A Illa, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Bueu,
Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo,
Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Meaño, Meis,
Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, O
Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Ribadumia,
Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior,
Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario