O Goberno galego destinará case
700.000 euros a estas garantías para os inmobles desocupados que se destinen a
alugueiro social
§
Con estas pólizas, os propietarios das vivendas teñen asegurada a
cobertura dos posibles desperfectos e a percepción das rendas do alugueiro
§
Ata o momento 23 concellos xa solicitaron oficialmente a súa
incorporación ao programa posto en marcha pola Xunta en colaboración coa Fegamp
e outros 24 pediron información sobre o seu funcionamento
§
O Concello de Ourense foi xa o primeiro municipio galego en
formalizar a súa adhesión a ao Programa, que permite
ofrecer vivendas privadas en réxime de alugueiro a prezos limitados
A Xunta publica
hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación dos seguros multirrisco do
fogar e de garantía de cobro
de rendas impagadas, con asistencia e defensa xurídica, incluídos no Programa de
Vivendas Baleiras (http://goo.gl/nR3lP5).
O importe
da licitación é de 396.750 para o seguro multirrisco do fogar e de 292.864,98
euros para o seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia
e defensa xurídica, polo que a Xunta destinará en total case 700.000 euros a
estas garantías para os inmobles desocupados que se destinen a alugueiro
social.
Ata o
momento xa son 23 os concellos de toda Galicia, que solicitaron formalmente a
adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras, entre os que destacan o de Ourense,
que foi o primeiro en adherirse. Outros 24 concellos, solicitaron da
Consellería de Infraestruturas e Vivenda información previa á súa solicitude de
adhesión ao convenio.
O Programa
de Vivendas Baleiras é unha iniciativa da Xunta de Galicia coordinada e
acordada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que ten por
obxecto destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao
alugueiro social por parte de familias desfavorecidas.
Os
concellos que o desexen deben solicitar a súa adhesión ao Programa ante a
Xutna e mobilizar vivendas desocupadas
para destinalas a alugueiro social. Estas vivendas terán aseguradas, por parte
da Xunta e sen custe para os propietarios coberturas que hoxe se licitan no
Diario Oficial de Galicia:
1. Un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán
cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do
arrendamento.
2. Un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades
impagadas polos arrendatarios e a asistencia e defensa xurídica dos
arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por
impago de rendas, que inclúa os honorarios de avogado e dereitos e suplidos de
procurador, cando a súa intervención sexa preceptiva, gastos notariais e de
outorgamento de poderes para preitos e gastos de execución procesual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario