O PLAN CONCELLOS ACHEGA OUTRO MILLÓN DE EUROS PARA INVESTIMENTOS A NOVE CONCELLOS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 4 de junio de 2016

O PLAN CONCELLOS ACHEGA OUTRO MILLÓN DE EUROS PARA INVESTIMENTOS A NOVE CONCELLOS DA PROVINCIA




A Deputación de Pontevedra leva aprobado o 49,3% da liña 1, cun importe total ata agora de máis de once millóns de euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas axudas a nove concellos da provincia, cuns investimentos totais de 963.049,95 €, das que se beneficiarán Barro, O Grove, Marín, Forcarei, Moraña, Vila de Cruces, Vilaboa, Tui e Mos. No que vai de ano, o Goberno provincial leva investidos 11.528.926,64 € nos concellos da provincia dentro da liña 1 do Plan Concellos 2016, o que supón un grao de execución do 49,3%.

O concello de Barro recibirá 62.653,16 € para a mellora dos accesos á fonte de Curro e Porráns, e con esta nova achega, a Deputación leva aprobado o 87,4% do total destinado ao municipio no marco do plan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario