Comparativa Eleccións Barro: O PP tería maioría absoluta, entrarían Marea con 1 e Ciudadanos con 1. BNG perde 3 e PSOE mantén resultados con 2 concelleiros.
As eleccións do 26J deixan un mapa político desastroso para o BNG de Barro, coa posibilidade incluso de desaparecer da corporación municipal ao verse superada polas mareas, por apenas un puñado de votos.
O resultado garantizaría ao PP a maioría absoluta con 6 concelleiros, e volvería ao goberno local. Entrarían na corporación as Mareas con 1 concelleiro (casi dous por moi poucos votos) e Ciudadanos con outro concelleiro. O PSOE mantería o resultado con 2 concelleiros.
O dato máis significativo é a pérdida de 3 concelleiros do BNG pasando a 1, e por un puñado de votos, incluso desaparecer en favor das Mareas.
Con esta extropolación de resultados, dedúcese que a política do BNG en Barro a nivel local non está resultado efectiva, pola pérdida de máis de 500 votos que foron a parar ao PP, Ciudadanos e Mareas.
Tamén sufre o desgaste o PSOE e os seus votos van parar ao PP.
O PP sae reforzado subindo en porcentaxes e votos con máis de 100 ao seu favor, que lle darían a maioría absoluta.
Eleccións 2016. 26J
Eleccións Municipais 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario