A actuación durará seis
meses e estará destinada a formar en atención sociosanitaria a persoas
dependentes en institucións sociais
A Xunta de Goberno da Deputación de
Pontevedra ven de aprobar a realización do obradoiro de emprego “Depoatende”,
concedido á institución provincial, a través do cal durante seis meses se
realizará unha formación en materia de atención sociosanitaria a persoas
dependentes en institucións sociais.
O obradoiro comezará o 30 de setembro de
2016 e rematará o 29 de marzo de 2017 e para executalo será preciso contratar a
persoal para a dirección (1 persoa), para a docencia a xornada completa (1
persoa ou 2 a xornada parcial) en atención sociosanitaria a persoas dependentes
en institucións sociais e a 15 persoas cun contrato de traballo para a
formación e aprendizaxe.
A selección do equipo directivo e docente
farase a través de sondaxe na Oficina de Emprego, correspondendo a selección a
unha comisión mixta entre a Deputación de Pontevedra e a administración
autonómica. A selección do alumnado realizarase a través da Oficina de Emprego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario