A
conselleira de Infraestruturas, o director da AXI e o delegado da Xunta en
Pontevedra mantiveron hoxe unha reunión de traballo co alcalde, cos grupos
municipais e cos representantes da Plataforma Veciñal
§
As obras licitadas
hoxe no DOG contarán cun investimento de máis de medio millón de euros e se
iniciarán no último trimestre do ano
§
Ethel Vázquez lembra que “esta
obra foi moi demandada e importante para este
Concello, posto que supón máis seguridade na zona de acceso ao polígono de
Sequeiros”
§
A conselleira destaca que se
levará a cabo a rehabilitación do firme no acceso ao polígono e ao núcleo de
Sequeiros e se habilitarán paradas de autobús e beirarrúas na zona da rotonda;
renovarase a drenaxe e acometeranse melloras na iluminación e na sinalización
§
Durante a xuntanza, tamén se lle comunicou á corporación
e veciños que, en dúas semanas, comezarán os traballos de reforzo de firme na
PO-531, para levalos a cabo en condicións meteorolóxicas favorables
A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada
do director de Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís, mantiveron hoxe unha reunión co alcalde, Xosé
Manuel Fernández; cos grupos municipais de Barro e cos representantes da
plataforma veciñal sobre a licitación da mellora da seguridade viaria na
estrada Pontevedra-Baión (PO-531) ao seu paso por este Concello pontevedrés,
tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (http://goo.gl/S9w8Ve).
Estes traballos contarán cun
investimento da Xunta de máis de
medio millón de euros e se iniciarán no último
trimestre do ano.
Así mesmo,
o Goberno galego xa ten definida a seguinte fase desta actuación, unha nova
acción en materia de seguridade viaria na zona da Devesa, no termo municipal de
Pontevedra e da que, este verán, terá o seu proxecto redactado.
Ethel
Vázquez lembrou que “esta obra foi moi demandada e importante para este Concello, posto que supón máis
seguridade na zona de acceso ao polígono de Sequeiros”.
Os traballos centraranse na construción dunha
glorieta na zona de acceso á infraestrutura industrial, co fin de evitar os
xiros que se producen desde o carril central actual, permitindo todos os
movementos con seguridade; e que implicará unha significativa redución da
velocidade na estrada, unha das principais causas de accidentalidade neste
punto, xa que que
rexistra unha elevada intensidade de tráfico”.
Por outra banda,
Ethel Vázquez destacou que se levará a cabo a rehabilitación do firme no acceso
ao polígono e ao núcleo de Sequeiros; e habilitaranse paradas de autobús e
beirarrúas na zona da rotonda; renovarase a drenaxe e acometeranse melloras na
iluminación e na sinalización.
Vázquez Mourelle aclarou que “temos acordado cos veciños e co Concello,
noutros encontros, que imos seguir coa mellora progresiva da seguridade viaria desta estrada,
conforme ás prioridades que eles mesmos nos trasladen”.
Así, nesta
xuntanza tamén se lle comunicou á corporación e veciños que, en dúas semanas,
comezarán os traballos de reforzo de firme na PO-531, para levalos a cabo en condicións
meteorolóxicas favorables. Unha actuación que suporá un investimento de arredor
de 280.000 € no firme desta estrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario