A XUNTA ASINA O PACTO AMBIENTAL CON ENCE, QUE RECOLLE COMPROMISOS AMBIENTAIS E SOCIAIS DA FACTORIA COA COMARCA DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miƩrcoles, 29 de junio de 2016

A XUNTA ASINA O PACTO AMBIENTAL CON ENCE, QUE RECOLLE COMPROMISOS AMBIENTAIS E SOCIAIS DA FACTORIA COA COMARCA DE PONTEVEDRA




§         O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet deron conta nunha rolda de prensa do contido do Pacto Ambiental, asinado esta tarde entre a Xunta e Ence
§         O documento asinado constitĆŗe unha folla de ruta que inclĆŗe medidas concretas, cos orzamentos consignados para cada unha delas e cos seus respectivos calendarios de execución
§         Entre outras, destaca o investimento de mĆ”is de 30 millóns para accións de mellora na eficiencia da factorĆ­a en aspectos como a redución do impacto acĆŗstico e dos olores; modificacións no ciclo da auga e actuacións de integración paisaxĆ­stica
§         AsĆ­ mesmo, recolle a posta en marcha dun programa marco para programas sociais e ambientais coa consignación de tres millóns de euros anuais, que permitirĆ” a concesión de bolsas e axudas
§         Cómpre destacar tamĆ©n o compromiso que permitirĆ” crear un Centro de investigación especializado na explotación sustentable dos recursos forestais, para o que se propón o Pazo de LourizĆ”n
§         No pacto confĆ­rmase a colaboración de ENCE, con 15 millóns de euros, para o proxecto de ampliación e modernización da EDAR de Praceres que desenvolverĆ” a ConsellerĆ­a de Medio Ambiente

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato Otero, e o conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet, asinaron hoxe o Pacto ambiental con ENCE, un acordo realizado ao amparo do decreto 295/2000 de 21 de decembro, no que se recollen mÔis dunha decena de actuacións a través das que a empresa compromete preto de 200 millóns de euros nos próximos catro anos en distintas iniciativas que beneficiarÔn especialmente a Pontevedra e Ô súa comarca, pero tamén a outros puntos de Galicia.

Na esta sinatura, celebrada na delegación da Xunta en Pontevedra, estivo presente tamén o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o secretario xeral de Calidade Ambiental, Justo de Benito.

Este pacto constitúe unha folla de ruta completa, na que se inclúen medidas concretas, cos seus orzamentos e calendarios de execución respectivos. De feito, todas as actuacións recollidas no documento vanse iniciar este mesmo ano.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou que quede negro sobre branco o compromiso de ENCE con Pontevedra e a súa comarca, tal e como lle reclamou a Xunta; ao que engadiu que se trata dun compromiso de investimentos en materia ambiental, económica e social, que redundarÔ directamente en beneficios para todos os cidadÔns de Pontevedra e de Galicia.

Así, entre os investimentos, inclúese unha partida de 30 millóns de euros para a mellora da eficiencia no complexo industrial de LourizÔn. En concreto, con respecto a estas últimas, cabe destacar que 12 millóns se consignarÔn Ô redución do impacto acústico e de olores; uns 15 millóns ao tratamento e rexeneración de augas no complexo; e preto de 4 millóns Ô integración paisaxística.

Investimento social e investigación
O pacto inclúe tamén un compromiso de dotación de 3 millóns de euros anuais para o desenvolvemento dun novo Programa marco para a posta en marcha de actuacións de carÔcter social e ambiental que beneficien Ô comarca de Pontevedra. Isto desenvolverase tamén a través dun convenio e as súas actividades concretaranse ano a ano no seo da Comisión mixta de seguimento deste acordo, que estarÔ conformada por dous membros da Consellería de Medio Ambiente e dous por parte de ENCE.

Recollese tamén un investimento de 10,6 millóns de euros para a creación dun Centro de investigación e desenvolvemento especializado na explotación sustentable dos recursos forestais, que situarÔ a Pontevedra Ô vangarda da investigación neste eido. Do total, ENCE destinarÔ 5 millóns para o acondicionamento dunha sede en colaboración coa Xunta. Para este centro, a Administración autonómica considera que se plantexe como sede o Pazo de LourizÔn.

No documento ratifícase tamén a achega de 15 millóns de euros co que a empresa colaborarÔ na ampliación e modernización da EDAR de Praceres, o que redundarÔ nunha mellora fundamental na depuración e saneamento de augas da ría. Neste caso tamén, as condicións do investimento concretaranse nun convenio que se asinarÔ nos vindeiro trimestre.

A isto súmase a construción e posta en marcha dun novo centro de coxeneración de biomasa nas instalacións de LourizÔn, así como de tres novos centros de bioenerxía en distintos puntos de Galicia.

A conselleira, que cualificou o Pacto como “ambicioso e beneficioso”, recordou que o Goberno galego seguirĆ” exercendo un control rigoroso no cumprimento dos requisitos medioambientais, asĆ­ como no control da execución destes compromisos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario