A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVISTE 260.000 € PARA O IMPULSO DO EMPRENDEMENTO XUVENIL NA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 24 de junio de 2016

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INVISTE 260.000 € PARA O IMPULSO DO EMPRENDEMENTO XUVENIL NA PROVINCIA




Esta actuación, denominada DepoEMPRENDE, está enmarcada no programa de itinerarios de emprendemento xuvenil da Fundación INCYDE  e financiada polo Fondo Social Europeo

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto DepoEMPRENDE, enmarcado no programa de emprendemento xuvenil da Fundación INCYDE e financiado polo Fondo Social Europeo, a través do cal se investirán preto de 260.000 € para o impulso do emprendemento xuvenil entre 120 mozas e mozos da provincia, menores de 30 anos, rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen ocupación e sen estar integrados nos sistemas de educación ou formación.

DepoEMPRENDE, cuxo orzamento ascende a preto de 260.000 €, ten como obxectivo o fomento do espírito emprendedor e a cultura emprendedora, eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos. Amais, tamén pretende facilitar a incorporación ó mercado laboral de 120 mozas e mozos da provincia a través de itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás súas necesidades en seis localizacións diferentes da rede da Fundación INCYDE situadas en Tui, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Barro-Meis e Lalín.


A Deputación de Pontevedra, coa colaboración das Cámaras de Comercio da provincia e a través de DepoEMPRENDE, encargarase, entre outras cuestións, da captación das persoas beneficiarias, da promoción da cultura emprendedora, da formación en emprendemento e definición dun proxecto empresarial e do asesoramento nas etapas iniciais de cada un dos proxectos que se leven a cabo.

Con esta actuación, a Deputación de Pontevedra quere promover que os proxectos medren de xeito competitivo, consolidando solucións óptimas en xestión de recursos, incrementando o valor da innovación para fortalecer o tecido empresarial, creando emprego, mellorando a prestación de servizos e desenvolvendo novos produtos e modelos de negocio.

Un dos obxectivos da Deputación de Pontevedra é a loita contra o desemprego para converter á provincia nun territorio próspero. Por tal motivo, o goberno da institución está a destinar un 20,5% máis de recursos ó fomento do emprego, investindo 15,3 millóns de euros en planificar estratexias de desenvolvemento coa finalidade de impulsar o crecemento económico e o progreso social da provincia de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario