Turismo de Galicia achega 60.000 euros para a promoción do xeodestino Terras de Pontevedra - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 4 de junio de 2016

Turismo de Galicia achega 60.000 euros para a promoción do xeodestino Terras de Pontevedra

Nava Castro avogou por impulsar a arte rupestre como produto turístico característico da comarca
Desenvolverase unha aplicación móbil de realidade aumentada, unha audioguía, un ‘blog trip’ e unha reportaxe audiovisual sobre este recurso
Realizarase unha presentación a medios especializados e axencias de viaxe para dar a coñecer a oferta existente
Crearase unha plataforma de venta en liña de viaxes e estancias combinadas para mellorar a comercialización do destino dun xeito integrado

Turismo de Galicia achegará 60.000 euros para a promoción do turismo nos concellos da Mancomunidade Terras de Pontevedra. Así se recolle nun convenio de colaboración asinado esta mañá entre a directora do organismo autonómico, Nava Castro, e o Presidente da Mancomunidade, Miguel Anxo Fernández Lores. O acordo supón unha achega total de 102.915 euros posto que a Mancomunidade achega o importe restante. No acto estivo presente o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e representantes dos concellos beneficiados.
Nava Castro enxalzou a importancia desta iniciativa na consolidación de Galicia como un destino multiexperiencial, cunha oferta segmentada e desestacionalizadora, e afirmou que o acordo permitirá que a provincia de Pontevedra continúe coa tendencia positiva rexistrada en 2015, con 1.151.006 viaxeiros que realizaron 2.717.906 pernoitas hoteleiras, dos cales 78.990 viaxeiros e 148.243 pernoitas foron na cidade de Pontevedra.
O convenio, que estende a súa vixencia ata finais de ano, actuará no ámbito territorial da Mancomunidade, conformada polos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Pontecaldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro e Campo Lameiro. As accións a desenvolver teñen como obxectivo a dinamización e o fomento do turismo nesta zona mediante a mellora do acceso aos recursos turísticos, a potenciación de novos produtos, a mellora da comercialización do destino e conseguir chegar a novos segmentos de mercado como o turismo familiar.
Nava Castro explicou que se impulsará a arte rupestre como produto turístico característico deste xeodestino. Para iso, desenvolverase unha aplicación móbil de realidade aumentada e unha audioguía sobre este recurso. A maiores, realizaranse presentacións para prensa especializada e axentes de viaxe sobre arte rupestre, que tamén será obxecto dun blog trip e dunha reportaxe audiovisual. Así mesmo, crearase material promocional adaptado ás novas tecnoloxías.
Ademais, segundo explicou a directora, poñerase en marcha unha plataforma de venta en liña de viaxes e estancias combinadas para mellorar a comercialización e xestionar de forma integrada todos os servizos existentes, poñendo a disposición do turista a oferta global do destino. Esta nova ferramenta permitirá chegar a máis clientes e concentrar nun único punto a oferta e a demanda, administrándoas de forma áxil e en tempo real.

La Xunta y la mancomunidad Terras de Pontevedra destinan más de 100.000 euros a la promoción del geodestino

La Xunta y la mancomunidad Terras de Pontevedra destinarán más de 100.000 euros para la promoción del turismo en los ayuntamientos de Pontevedra, Marín, Poio, Pontecaldelas, Vilaboa, Cotobade, Barro y Campo Lameiro. Para ello, este martes han firmado un convenio la directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, y el presidente de la mancomunidad y alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. De la cuantía total, según ha indicado la Xunta a través de un comunicado, la administ ...

Leer mas: http://www.europapress.es/turismo/destino-espana/espana-verde/noticia-xunta-mancomunidad-terras-pontevedra-destinan-mas-100000-euros-promocion-geodestino-20160531152854.html

(c) 2015 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de este contenido sin su previo y expreso consentimiento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario