«O viño forma parte da humanidade» - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 8 de junio de 2016

«O viño forma parte da humanidade»



Natural de Perdecanai, o profesor xubilado confesa estar emocionado de iniciar esta edición coas súas palabra

A Festa do Viño de Barro iniciarase o próximo xoves 16 cun ambicioso programa que promete ocio e diversión, pero sobre todo, moito viño. Gelino Calvo, antigo director da UNED e profesor de Maxisterio, será o encargado de dar, o venres 17, ese discurso emocional e inaugural que suporá o verdadeiro inicio da Festa.
-Ser pregoeiro na súa terra debe ser, canto menos, emocionante para vostede.
-Colleume por sorpresa, pero tamén con alegría. É unha honra para calquera veciño falar do seu pobo, do seu viño, ante o propio pobo.
-Vostede sempre viviu en Perdecanai, nunca preferiu cambialo por Pontevedra.
-Nacín aquí, vivín aquí, e penso morrer aquí, ou polo menos que me enterren dentro de 150 anos, máis ou menos. Para min Barro sempre será un referente na miña vida, non cabe dúbida.
-¿Considérase un fan da Festa do Viño?
-Sempre acudín como visitante, pero parece que este ano tocará ir noutra condición. Tomaremos igual o viño cos amigos, cos familiares e ademais representaremos un pouco esa figura de pregoeiro que non creo merecer, pero pola que sento moito agradecemento, xa que pensaron en min a hora de dala.
-¿Tanto lle sorprendeu?
-Por suposto. Eu son un profesor xubilado e retirado, apartado un pouco das cousas, e que pensaran en min, realmente, sendo sincero, alegroume moito. Estou moi satisfeito coma veciño.
-¿Comezou coa redacción do discurso ou irá sobre a marcha?
-Teño feito o esquema do que quero dicir e parte do contido pero fáltame pasalo a ordenador, ou máis ben, a un folio máis vivo para non trabucarme. Estiven pensando naquelas cousas que me gustaría dicir.
-¿Élle difícil?
-Falar do viño, en xeral, non é unha cousa complexa porque forma parte da humanidade. O que si se me fai complicado é falar do viño do meu pobo. Non é fácil porque é un viño singular, e para transmitir iso con palabras, tiro de corazón.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2016/06/08/span-langgl-vino-forma-parte-da-humanidadespan/0003_201606P8C11991.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario