BEATRIZ MATO DEFENDE QUE A XESTIÓN DOS RESIDUOS DEBE PASAR POLO CRITERIO DA MULTI-ERRE PARA NON ESGOTAR O PLANETA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 4 de junio de 2016

BEATRIZ MATO DEFENDE QUE A XESTIÓN DOS RESIDUOS DEBE PASAR POLO CRITERIO DA MULTI-ERRE PARA NON ESGOTAR O PLANETA





§         A conselleira de Medio Ambiente aposta pola economía circular, que busca mellorar os resultados económicos ao mesmo tempo que se reduce o uso dos recursos
§         Salienta que esta economía trata de converter os residuos en recursos, o que se traduce en avanzar un paso nas denominadas “catro erres” e engadir outras como repensar, repara ou redistribuír
§         Afirma que a sostibilidade é posible, mentres que o modelo de economía lineal, baseado na extracción de materias –fabricación -utilización e eliminación, deixou de ser viable e está ao borde do seu definitivo agotamento

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, defendeu esta mañá que as novas políticas de xestión dos residuos deben pasar polo criterio da multi-erre para non esgotar o planeta. A responsable de Medio Ambiente inaugurou esta mañá a xornada Galicia, na senda da economía circular, onde puxo de manifesto que o futuro pasa por impulsar este tipo de economía, é dicir, apostar por manter vivo o valor dos produtos e os materiais no ciclo da economía o maior tempo posible.

Noutras palabras, “trátase de converter os residuos en recursos, o que significa ir un paso máis adiante das denominadas catro erres (redución, reutilización, recuperación e reciclaxe), para engadir moitas outras erres como repensar, redeseñar, refabricar, reparar ou redistribuír, é dicir, un novo criterio multi-erre”, explicou.

Este novo modelo é unha fórmula para mellorar resultados económicos, ao mesmo tempo que se reduce o uso dos recursos, en definitiva, permitirá que a eficacia e a eficiencia se convertan na clave dos recursos. Tal e como explicou a conselleira, a economía circular defende o equilibrio entre medio ambiente e economía, entre a sostibilidade e o benestar.

A conselleira de Medio Ambiente afirmou que a sostibilidade é posible, como tamén é certo que o modelo de economía lineal que se desenvolveu ata o de agora deixou de ser viable. Aclarou que a economía baseada na extracción de materias –fabricación -utilización e eliminación está ao borde do seu definitivo agotamento.

Nese sentido, invitou aos presentes a actuar antes de que se produza un colapso ambiental, xa que a terra non pode aguantar o ritmo de emisións de carbono a atmosfera. Apuntou que as solucións pasan por explotar as enerxías libres de gases de efecto invernadoiro, que a súa vez posibilitarán a aparición de novas oportunidades económicas e de negocio, fomentará a innovación e mellorará a competitividade.

Implantación progresiva
A conselleira de Medio Ambiente considerou que esta implantación debe ser progresiva e dende a Xunta de Galicia xa se están a dar os pasos necesarios para avanzar neste camiño, grazas ao desenvolvemento do Plan de Xestión de Residuos urbanos de Galicia, un documento co que se reduciu un 11% a xeración de residuos per cápita nos últimos seis anos, se eliminaron 426 puntos de vertido incontrolado e se incrementou nun 18% a rede de puntos limpos.

Por último, a conselleira destacou que Galicia é un referente a nivel internacional na xestión de residuos, grazas ao traballo que se realiza dende Sogama, á que están adheridos voluntariamente un 94% dos concellos galegos e que representa un modelo de empresa pública solvente, eficiente e sostible. Recordou que para que siga a ser un ente de referencia investiranse máis de 36 millóns de euros á súa ampliación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario