A iniciativa enmárcase dentro do
proxecto Aquelando 3
A Deputación porá en marcha, a
través do Proxecto Aquelando3, unha modalidade de formación práctica a través
da cal 50 persoas desempregadas poderán
realizar 200 horas de prácticas en empresas dedicadas ó traballo social.
As prácticas realizaranse en
entidades e empresas dedicadas ó traballo de atención a persoas maiores,
atención a persoas con discapacidade, desenvolvemento de actividades de ocio e
tempo libre, así como as dedicadas á realización de servizos de limpeza.
Será necesaria ademais a
realización de 20 horas de formación transversal, na modalidade a distancia, en
materias de Igualdade de oportunidades, Novas tecnoloxías, Medioambiente e
Fomento da non
discriminación e loita contra a exclusión.
No tempo de realización das
prácticas poderá concederse unha beca de axuda á formación. Así mesmo, a
participación é gratuíta e vai dirixida a persoas desempregadas e empadroadas
na provincia, a excepción das que vivan nos concellos de Vigo e Pontevedra, por
ter estes concellos proxectos propios. O número de persoas que poden participar
é de 50.
Para participar é preciso ter
formación regrada ou ocupacional, mínimo 200 horas teóricas relacionadas co
sector para a especialidade de limpeza de superficies e mobiliario en edificios
e locais e 300 para o resto das especialidades formativas.
As persoas interesadas en
participar poden inscribirse a través das páxinas web; Deputación de Pontevedra
(www.depontevedra.es), proxecto aQuelando3
(aquelando@depo.es), ou chamando o
teléfono; 986 804 100, extensións: 41217- 41263- 41226-41215.
As persoas que realicen as
prácticas integraranse nas accións do proxecto aQuelando3 sendo informadas e
orientadas para promover súa integración no mercado laboral. Compre recordar
que o proxecto aQuelando3 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través
do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario