A Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomenda tratar urxentemente o mildiu por brotes atopados nestas fechas. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 3 de junio de 2013

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro recomenda tratar urxentemente o mildiu por brotes atopados nestas fechas.


TÉCNICOS DE AREEIRO ACONSELLAN A APLICACIÓN URXENTE DO TRATAMENTO CONTRA MILDIU ANTE OS BROTES ATOPADOS

·       A presenza de vento fai necesaria unha aplicación moi coidadosa do tratamento para evitar derivas

Técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro alertaron da necesidade de aplicar o tratamento contra mildiu en plantas de vide, ante os casos achados en tódalas comarcas. Se presentaron manchas de aceite antigas e casos de manchas novas, neste caso en O Salnés, ademais de noutras fincas onde se aplican tratamentos por calendario.

O mildiu trátase dun dos fungos que máis ataca a vide, follas, zarcillos, ás ramas máis novas, e ácimos antes do cambio de cor. Nos casos atopados, boa parte das manchas non estaban esporuladas, pero outras si amosaban as frutificacións do fungo, polo que é fundamental unha rápida e coidadosa aplicación para protexer o ácimo.

Renovación de tratamentos antimildiu
Nestes momentos é probable que se renovaran os tratamentos antimildiu en moitas fincas, polo que é preciso que se revise a eficacia das aplicacións, en especial, naquelas zonas onde xa se detectaran novos  síntomas e onde estaba próximo a finalización do período de protección do tratamento anterior. No caso de non aplicarse aínda, debe realizarse nos vindeiros días xa que o ascenso térmico que se prevé acelerará a entrada na floración, estado no que o viñedo debe estar perfectamente protexido.

Técnicos do Areeiro alertan da necesidade de levar a cabo este proceso canto antes debido a que se os ataques en folla son moi graves poden traducirse nunha defoliación prematura; as uvas mal alimentadas producen un viño de mala calidade; e os ataques antes ou no momento da floración comprometen a formación dos ácimos e dos grans máis novos entre outras. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario