OS GRUPOS DA CORPORACIÓN APROBAN UN ACORDO CONXUNTO PARA RECLAMAR A PARALIZACIÓN DAS QUITAS E UNHA ENTREVISTA CON DE GUINDOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 3 de junio de 2013

OS GRUPOS DA CORPORACIÓN APROBAN UN ACORDO CONXUNTO PARA RECLAMAR A PARALIZACIÓN DAS QUITAS E UNHA ENTREVISTA CON DE GUINDOS


Os tres grupos da Corporación Provincial de Pontevedra acordaron no pleno celebrado esta mañá no Pazo Provincial a aprobación dunha declaración conxunta de apoio aos afectados, na que reclaman a paralización das quitas e unha entrevista co ministro De Guindos.
O acordo amosa o compromiso das tres forzas “na busca de solucións para que os afectados polas preferentes, subordinadas e outros híbridos financeiros” co obxectivo de que poidan recuperar a totalidade dos seus aforros e establece catro puntos de acordo:
1º.- Reclamar que se paralice a aplicación das quitas aos afectados.
2º.- Demandar que se suspenda o Real Decreto que estableceu a obrigatoriedade das quitas para os tenedores de participacións preferentes e subordinadas
3º.- Solicitar unha entrevista co ministro De Guindos e unha representación dos afectados
4º.- Que se promovan todas as medidas tendentes a que os afectados recuperen o 100% dos seus aforros

No hay comentarios:

Publicar un comentario