- · As bolsas teñen unha dotación económica de 800 euros
- · Os solicitantes dispoñen de 15 días hábiles para a presentación da documentación pertinente
A
Deputación de Pontevedra ven de convocar 17 novas bolsas de práctica laboral
para titulados universitarios, con destino a centros da Deputación e concellos
da provincia: 10 para os distintos centros do organismo provincial e 7 para
outros tantos concellos de Pontevedra.
Entre
os requisitos para acceder ás bolsas: ser menor de 31 anos, non ter experiencia
laboral previa na área na que se formou, acreditar coñecemento do galego no
nivel Celga IV, non ter sido beneficiario de bolsa remunerada da Deputación. O
proceso de selección desenvolverase en dúas fases, a primeira de concurso e valoración de documentación presentada
polos admitidos; e unha segunda fase de entrevista persoal cos candidatos que
superen o corte establecido na primeira fase.
No
caso da Deputación, as bolsas son para:
· 1 licenciado ou graduado
en ciencias do mar
· 1licenciado ou graduado
en Administración e Dirección de empresas
· 1 técnico superior en
xestión comercial e mercadotecnia
· 1 licenciado ou graduado
en comunicación audiovisual
· 1 técnico superior en son
para audiovisuais e espectáculos
· 2 licenciados en
veterinaria
· 1 licenciado ou graduado
en socioloxía ou economía
· 1 técnico superior en
administración de sistemas informáticos ou desenvolvemento de aplicacións
informáticas
· 1 técnico superior en
deseño e produción editorial, produción en industrias de artes gráficas, deseño
e edición de publicacións impresas e multimedia, e deseño e xestión da
produción gráfica
No
caso dos concellos:
· Rodeiro: licenciado ou
graduado en Administración e Dirección de empresas
· Meaño: licenciado,
graduado ou diplomado en maxisterio (especialidade educación infantil)
· Baiona, A Guarda,
Gondomar e Fornelos: técnico superior en administración de sistemas
informáticos ou desenvolvemento de aplicacións informáticas
Con
estas, son xa 286 as bolsas convocadas e, polo tanto, preto de 300
universitarios terán a oportunidade de ter un emprego grazas á Deputación de
Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario