LOUZÁN RECLAMA “RESPONSABILIDADE” PARA EVITAR QUE A BRILAT TEÑA QUE DEIXAR FIGUEIRIDO, PROVOCANDO PERDAS DE 40 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 1 de junio de 2013

LOUZÁN RECLAMA “RESPONSABILIDADE” PARA EVITAR QUE A BRILAT TEÑA QUE DEIXAR FIGUEIRIDO, PROVOCANDO PERDAS DE 40 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS



Salienta que é xusto que os veciños teñan unha compensación, pero que as esixencias non deben ser desproporcionadas

·       Cualifica de “inaudito” que en Pontevedra se estea tratando de expulsar aos que xeran emprego, riqueza e actividade económica
·       Subliña a responsabilidade do goberno local nesta situación e noutras como o rexeitamento á construción dun novo hospital
·       Lembra que Salcedo conta con “hectáreas de monte abandonados” e mentres se unen para tratar de expulsar á Brilat, non foron quen de conseguir terreos para o campo de fútbol
O presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, lamentou hoxe, en resposta a preguntas dos xornalistas sobre a reclamación de compensacións á Brilat por parte dos veciños de Salcedo, o intento reiterado de “expulsar de Pontevedra a aqueles que xeran riqueza e postos de traballo”.
Louzán incidiu en que é “razoable que os veciños poidan ter unha compensación” polo uso dos seus terreos, pero destacou que as esixencias non poden ser desproporcionadas, ata o punto de provocar a saída de Figueirido dun destacamento que deixa 40 millóns de euros anuais na cidade.
“En Pontevedra non temos moita actividade que xere unha economía como a que xera a Brilat”, asegurou Louzán, antes de cualificar de “inaudito” que algúns se unan para intentar expulsar aos que xeran emprego, riqueza e actividade económica e non sexan quen de atopar un terreo para a construción de infraestruturas que os veciños e veciñas demandan, como é o campo de fútbol.
O presidente da Deputación salientou que “hai que ser responsable neste tipo de cuestións” e asegurou que as “ameazas veladas” que se teñen feito para que a Brilat “probablemente fixeron que o Ministerio valorase nalgunha ocasión irse”, algo que, de cumprirse, fará que “nos lamentemos”.
Monte abandonado
Louzán lembrou que “situacións coma esta só pasan en Pontevedra”, que non só carece de numerosas prestacións e infraestruturas senón que quere expulsar o que ten e impedir a construción de novos servizos coma o Hospital.
Achacou esta actitude aos responsables municipais, aos que acusou de “non ter altura de miras” en casos, por exemplo, como o do hospital e que “tamén teñen unha responsabilidade indirecta” no caso da Brilat.
O presidente provincial convidou a preguntarse “a qué teñen pensado dedicar os terreos o día que a Brilat deixe Figueirido, que ogallá sexa nunca”. Nesta liña, lembrou que Salcedo “ten hectáreas e hectáreas de monte abandonado, a produción cero” e, sen embargo, “non son capaces de xerar beneficio para a comunidade”.
De feito, asegurou, non teñen nin unha casa de cultura digna.
“Creamos problemas onde non os hai ou non debería habelos e sen embargo non lle damos solución aos veciños”, concluiu Louzán.



No hay comentarios:

Publicar un comentario