Desenvolverase os días 8 e 9 de xuño e contará coa participación de
numerosos expertos en tráfico e seguridade nas estradas
· O presidente da Deputación, Rafael
Louzán, e a xefa provincial de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro, serán os
encargados da clausura
O Sexto Edificio do Museo será o escenario do I Congreso Galego de
Seguridade Viaria, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra e a
Plataforma Motera pola Seguridade Viaria.
O evento terá lugar os días 8 e 9 de xuño e contará coa participación de
numerosos expertos en materia de tráfico e de seguridade nas estradas e será
clausurado polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a xefa provincial de
Tráfico en Pontevedra, María Victoria Gómez Dobarro.
Os actos comezarán o sábado, 8 de xuño, ás 10,00 horas coa inauguración do
congreso a cargo de Antonio Coello Bufil, subdelegado do Goberno en Pontevedra;
Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada provincial, e Manuel Picón Sánchez,
presidente nacional de la Plataforma Motera para a Seguridade Viaria.
Durante o transcurso do congreso, que se celebrará coincidindo co Día
Nacional da Moto, presentaranse un total de nove relatorios que abordarán a seguridade
viaria desde diferentes puntos de vista como a prevención, a protección, as
infraestruturas e a axuda ás vítimas de accidentes de tráfico e os seus
familiares.
Para poder participar no Congreso será preciso inscribirse ben por correo
electrónico na dirección secretaria.museo@depo.es,
ou chamando ao teléfeno 986804100 (extensión 42436).
A inscrición é de balde e limitada ao aforo do salón de actos do Sexto
Edificio, que é de 240 prazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario